Espazo de (re)creación de proxectos de animación audiovisual que, tomando como punto
de partida os contos de OQO editora, exploran diferentes estéticas e ofrecen universos plásticos innovadores.

Coa técnica tradicional de stop-motion, achegámonos a historias universais co obxectivo
de aprender, emocionar e gozar. Animadores de todo o mundo aportan o seu talento
a unha iniciativa que conta xa con dúas series de animación, Os contos do camiño
e Caracois.

Ambas estanse a emitir cun enorme éxito en canles de televisións públicas de Galicia (tvG2), de Arxentina (Paka Paka) e de Finlandia (YLE). Proximamente, estarán nas pantallas
dos fogares de Croacia (HRT) e México (Canal Once).

A calidade das producións de OQO filmes está avalada polo recoñecemento de premios
e candidaturas internacionais, entre os que se atopan o Festival Zlin (República Checa),
o Festival Internacional Brasil Stop Motion, o Festival de Televisión Infantil
de Barcelona
ou o Japan Prize 2012, co que a televisión pública xaponesa NHK
recoñece os mellores produtos audiovisuais educativos do mundo.

Contacta con nós