Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 

Menú de Usuario

 
 


Colección O  







Velliñas

Charo Pita & Fátima Afonso
14,00 € | 978-84-9871-150-9
48 páxs | cartoné | 25x23 cm |
maio 2009

Antea e Filipa son dúas velliñas humildes que comparten todo, aínda que o seu todo sexa case nada: sopa de auga de luns a sábado e un fideo a medias os domingos. Pero son felices ao contar coa súa maior riqueza: o afecto dunha pola outra.
 
Esta historia amosa que somos capaces de facer cousas que parecen imposibles polas persoas que queremos, e que paga a pena chegar a vellos, pero moi vellos, para gozar canda elas dos grandes praceres —un gran banquete— e dos pequenos —unha faba diminuta.
 
Charo Pita lémbranos que a idade é un regalo: está chea de vida e de misterios. Unha cara esculpida polas engurras é como unha árbore milenaria. O seu tronco groso florece cada primavera do mesmo xeito que unha persoa anciá con cada amencer. Así son Antea e Filipa, aventureiras do día a día, do carpe diem.
 
Velliñas é un relato de renacemento na vellez, con elementos máxicos propios dos contos tradicionais, onde o coidado, a paciencia, a imaxinación e a valentía transforman a rutina de dúas mulleres maiores que se queren cunha alegría e unha forza, capaces de venceren calquera contratempo.
 
Fátima Afonso regálanos neste álbum unha mostra, contida pero eficaz, da súa demostrada capacidade para xerar imaxes de marcado carácter narrativo. As puntuais contraposicións de texto-imaxe obrigan o lector a resolver algúns problemas de distanciamento, pero respectan en todo momento a función narrativa do discurso plástico.
 
A ilustradora lusa propón unha xenerosa serie de planos medios para despregar un discurso dominado sobre todo polos acrílicos, con imaxes repletas de suxestivos detalles narrativos, o que permite gozar dunha lectura demorada e profunda.
 
Texto de Charo Pita
Ilustracións de Fátima Afonso

+ de 4 anos
Tamén dispoñible en: ES | EU | EN | FR | PT | IT
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos