Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Colección O | Un segredo do bosque

Menú de Usuario

 
 






Colección O  







Un segredo do bosque

Javier Sobrino & Elena Odriozola
13,50€ | 978-84-9871-037-3
40 páxs. | cartoné | 25x23 cm |
abril 2008

Desde que o coñeceu, Esquío non o podía quitar da cabeza. Cando pensaba nel, escurecíaselle a vista, íaselle a voz, o estómago poñíaselle como unha pedra, e é que… Esquío estaba namorada! O seu segredo percorreu todos os recunchos do bosque. Moitos opinaban que era unha tolaría, pero cando chegou o outono…

Javier Sobrino preséntanos unha entrañable e asombrosa historia de amor na que as diferenzas non resultan un impedimento. A través dos animais do bosque, o autor logra conectar de inmediato cos lectores máis novos. Pero é que Un segredo do bosque utiliza unha linguaxe universal, a do afecto, para lles falar aos máis pequenos do amor e de como asumir os sentimentos.

Canto a Elena Odriozola, galardoada por A princesa que bocexaba a todas horas co 2º Premio ao Libro Mellor Ilustrado, ofrécenos unha nova mostra dun estilo de ilustración, cun gran poder evocador, sutil e delicado que casa á perfección coa poética do texto. Un álbum sen idade para falar e que nos falen de amor.

Texto de Javier Sobrino
Ilustracións de Elena Odriozola
Tradución do castelán de Marisa Núñez

+ de 5 anos
Tamén dispoñible en: ES | FR | PT | EN
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos