Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Colección O | Tam, Tim e Tom

Menú de Usuario

 
 


Colección O  







Tam, Tim e Tom

Roberto Mezquita & Paolo Domeniconi
14,00 € | 978-84-9871-541-5
40 páxs | Cartoné | 25x23 cm |
03/03/2017

Tam, Tim e Tom...
que desastrados son!
 
O pequeno erguíase cedo e pasaba as mañás traballando no bosque;
o mediano erguíase máis tarde e só coidaba da horta e das galiñas;
o maior durmía ata que o corpo llo pedía e só se erguía para acender o lume e xogar...
 
A aparición do animal (un corvo) será decisiva para resolver unha situación tan incoherente,
para que as augas volvan ao seu sitio, as actividades se organicen de forma razoable,
e aínda quede tempo para o descanso e o lecer.
 
Un conto dos irmáns Grimm, que revela a importancia da aprendizaxe para a vida,
redescubrendo o valor de compartir e colaborar nunha tarefa para un fin común, 
sexa na familia, na escola ou en calquera ámbito social.
 
O conto, que aborda un problema típico de calquera sociedade en calquera tempo e lugar,
presenta ese proceso de maduración persoal que o lector debe comprender e afrontar.
 
O nivel de lingua é sinxelo, con períodos curtos e vocabulario comprensible,
narrador en terceira persoa e desenvolvemento lineal do argumento centrado nos valores.
 
A adaptación é de Roberto Mezquita, un “apaixonado pola palabra que convoca emocións e sorrisos”, 
cunha longa experiencia no mundo da narración oral e os contos...
que en OQO tamén publicou “O galo Traganoces” e “A vella na botella”.
 
As imaxes son de Paolo Domeniconi, tamén experimentado ilustrador italiano, 
autor de imaxes plenas de colorido, personaxes atractivos (os seus ollos son especialmente rechamantes), 
formas suaves e definidas, que chegan directamente ao lector. En OQO, Paolo tamén publicou “Tonino”.

+ de 3 anos
Tamén dispoñible en: ES
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos