OQO é un espazo de creación onde habitan suxestións innovadoras que invitan a soñar, a reflexionar e a degustar imaxes, músicas, voces e palabras.
OQO é un lugar de encontro de historias onde distintas sensibilidades plásticas e literarias nos propoñen novas formas de mirar e de mirarnos.
OQO ofrece en cada obra un camiño de ida e volta, unha viaxe única e diferente, onde conviven maneiras de escoitar, de sorprenderse, de xogar; mundos por descubrir e inventar…
OQO aliméntase do humor, a tenrura ou a denuncia para avivar sentimentos, emocións e conciencias sen renunciar nunca a unha calidade que conta con recoñecementos internacionais:
- Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2009 a Fume.
- CJ 1st PICTURE BOOK AWARDS. PREMIO DE ILUSTRACIÓN 2008 a A guerra dos números.
- SEGUNDO PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL MELLOR EDITADO 2008, outorgado polo Ministerio de Cultura a Caderno de animalista.
- PREMIO DE ILUSTRACIÓN 2008 no certame PREMIOS VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS a O oso e o corvo.
- Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2008 a Ovos duros.
- PREMIO INTERNACIONAL DE LITERATURA INFANTIL 2007 da Fundación Espace Enfants de Suíza a Chocolata.
- PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL MELLOR EDITADO 2007, outorgado polo Ministerio de Cultura a Gran libro dos retratos de animais, tamén galardoado cun DIPLOMA nos PREMIOS VISUAL DE DESEÑO DE LIBROS 2007; e coa MENCIÓN DE HONRA BOLOGNA RAGAZZI AWARD 2008 e o PREMIO ANDERSEN - IL MONDO DELL’INFANZIA 2008 en Italia.
- Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2007 a A princesa do Caurel.
- SEGUNDO PREMIO MELLORES ILUSTRACIÓNS LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2006 outorgado polo Ministerio de Cultura a A princesa que bocexaba a todas horas.
- TERCEIRO PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL MELLOR EDITADO 2006, outorgado polo Ministerio de Cultura a Celestino Tarambainas.
- Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2006 a A cousa que máis doe do mundo, que tamén conta co PREMI LLIBRETER 2006 ao mellor álbum ilustrado.