Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Colección O | Quen levou a Lúa?

Menú de Usuario

 
 






Colección O  







Quen levou a Lúa?

Mario Catelli & Madalena Matoso
12,90€ | 978-84-9871-056-4
36 páxs. | cartoné | 25x23 cm |
xullo 2008

Kipá, o máis pequeno da manda, quere ouvear como os lobos grandes; unha noite de lúa chea escapa á montaña e aspira tan forte que a lúa se desprende do ceo…

Na infancia, a imitación constitúe un dos xeitos máis activos de obter coñecementos; os cativos perciben o mundo a través dos sentidos e, grazas á súa capacidade para imitar, interactúan co contorno.

Outro estímulo vital, no seu proceso de desenvolvemento intelectual e emocional, é o xogo, porque lles permite explorar o mundo e esperta neles a imaxinación e a creatividade. Ademais, co xogo, os nenos poden practicar habilidades sociais e aprenden a relacionarse segundo unhas regras ou unhas normas.

Mario Catelli, nesta divertida historia sobre a aprendizaxe e os pequenos descubrimentos da vida, suxire que a sabedoría se adquire cos anos, e polo tanto, hai que tirar proveito de cada unha das etapas.

Por último, cómpre destacar a harmonía das composicións cos elementos da natureza, realizadas mediante a técnica da colaxe, e como as expresivas ilustracións de Madalena Matoso recrean a sensibilidade do narrador.

Unha historia sinxela para que comprendamos dunha forma intuitiva, onde se acha a esencia das cousas.

Texto de Mario Catelli
Ilustracións de Madalena Matoso
Tradución do castelán de Sara Monda

+ de 4 anos
Tamén dispoñible en: ES | FR | PT | IT | EN
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos