Galego | Español | Català | Euskera | English | Português | Français | Italiano
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Colección O | A princesa que bocexaba a todas horas
 
 






Colección O  







A princesa que bocexaba a todas horas

Carmen Gil & Elena Odriozola
12,50€ | 978-84-96573-02-4
36 páxs. | cartoné | 25x23 cm |
novembro 2009 - Reedición

A princesa non facía máis que bocexar e, como os bocexos son tan contaxiosos, todo o palacio andaba coa boca aberta: o rei, a raíña, os ministros…, mesmo o gato e o can do xardineiro bocexaban. O rei trataba de contentar a súa filla con todo o que tiña ao seu alcance, pero os seus esforzos eran en balde. Un día, mentres paseaba polos xardíns, o fillo dun criado de palacio achegouse á princesa e...

Un relato divertido, sinxelo e eficaz que, con acento poético, tira proveito da linguaxe e salienta o valor da amizade cunha mensaxe clara e directa para os lectores: … nin bólas de xeado, nin colchóns de pluma, nin elefantas amarelas alegran o corazón das princesas tanto como un bo amigo.

Un conto para que os nenos aprendan a recoñecer os valores e a gozar plenamente da infancia. Porque nunha sociedade a miúdo ameazada polo consumo, cómpre que non esquezan a importancia das relacións humanas, do xogo tradicional e da experimentación como actividades indispensables para comprender o mundo e establecer lazos afectivos.

As ilustracións de Elena Odriozola presentan un trazo delicado e intimista, con moita personalidade; sutil tanto no nivel técnico como no nivel conceptual.

Para alén diso, o álbum foi galardoado en 2006 co SEGUNDO PREMIO ÁS MELLORES ILUSTRACIÓNS na categoría de Libro Infantil e Xuvenil, outorgado polo Ministerio de Cultura.

Texto de Carmen Gil
Ilustracións de Elena Odriozola
Tradución do castelán de Antón Fortes

+ de 3 anos
Tamén dispoñible en: ES | EU | CA | FR | PT | IT
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
OQO@OQO.es
© OQO. Reservados todos os dereitos