A federación de ikastolas de Euskal Herria (Euskal Herriko Ikastolak) organiza cada curso escolar o certame Eleccións literarias, no que as alumnas e alumnos elixen o mellor libro. Este ano, a especial distinción foi parar á versión en éuscaro de Cocorico (Kokoriko), da editorial galega OQO editora e coeditado no País Vasco por Txalaparta, grazas aos votos das 2.900 nenas e nenos participantes.
Esta adaptación de Marisa Núñez dun conto birmano, con imaxes da recoñecida ilustradora austríaca Helga Bansch, está editada por OQO editora en galego, catalán, castelán, portugués, francés e coeditado en italiano con Logos.