Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 

Menú de Usuario

 
 






Colección Q  







Ovos duros

Marisa Núñez & Teresa Lima
13,50€ | 978-84-96788-16-9
64 páxs. | cartoné | 15x20 cm |
marzo 2007

A filla do carboeiro era coñecida pola súa intelixencia. O príncipe, atraído polo seu enxeño, rétaa a un xogo intelectual que acabará por marcar o destino das súas vidas…

Reconstruído a partir dunha versión oral do Magreb, este conto, de carácter híbrido, coñeceu unha extraordinaria difusión lingüística e cultural; con variantes en puntos tan distantes un doutro como Finlandia, lugar de procedencia de Os ovos duros, ou Rusia, onde Afanasiev localiza un versión da historia titulada A moza lista.

A chave do conto radica no reto intelectual, no xogo de preguntas e respostas, na capacidade de desenvolver con enxeño e astucia as tarefas imposibles, ata espertar a sensibilidade e abrandar o corazón dun ser inxusto e caprichoso. As situacións, as adiviñas… impostas polo rei ou polo tsar, varían dun país a outro, aínda que polo xeral, todas as versións coinciden no triunfo final da sabedoría e a reconciliación.

Como xa dixemos, a base deste conto é unha versión oral magrebí, porén, como o amor é un dos temas esenciais da literatura oral destas tribos nómades, os pobos de Kabylia levan transmitindo de xeración en xeración a historia da filla do carboeiro desde hai séculos.

Canto á ilustradora portuguesa Teresa Lima, preséntase por primeira vez no mercado español, cun traballo minucioso, de trazo delicado e gran sensibilidade.

MENCIÓN WHITE RAVEN 2008

Texto de Marisa Núñez, a partir dun conto popular magrebí
Ilustracións de Teresa Lima

+ de 8 anos
Tamén dispoñible en: ES | CA | PT
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
OQO@OQO.es
© OQO. Reservados todos os dereitos