Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Os obradoiros de 'Un camiño de Contos', na Feira do Libro de Madrid

Menú de Usuario

 
 






06/06/2011
Os obradoiros de 'Un camiño de Contos', na Feira do Libro de Madrid

A Feira do Libro de Madrid ofrecerá aos nenos e nenas, que se acheguen ao Pavillón Infantil das súas instalacións, a posibilidade de coñecer un pouco máis do patrimonio oral e artístico das Rutas xacobeas, grazas ás actividades plástico creativas de Un camiño de Contos.

Este obradoiro enmárcase no proxecto europeo Os Contos do Camiño, coordinado por OQO editora en colaboración co Museo Thyssen-Bornemisza e as editoriais O Bichinho de Conto (Portugal) e La Compagnie Créative (Francia). Durante 2010 participaron máis de 25.000 nenos e nenas de España, Portugal e Francia.

A coñecida contacontos Margarita del Mazo será a encargada de impartir esta actividade na que a través da música, a palabra e a imaxe farase un percorrido virtual polas diferentes vías do Camiño de Santiago.

Cada sesión finaliza cunha actividade plástica creativa na que os nenos e nenas confeccionarán con debuxos un caderno de viaxe.

FEIRA DO LIBRO DE MADRID
Pavillón Infantil.
DÍA: 7 de xuño.
HORARIO: 19.30 horas



Enlaces relacionados:

http://www.oscontosdocamino.eu/


 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos