Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | OQO NA FEIRA DO LIBRO DE MADRID. AGARDÁMOSTE!
 
 






28/05/2010
OQO NA FEIRA DO LIBRO DE MADRID. AGARDÁMOSTE!

OQO editora participa na Feira do Libro de Madrid que se celebra desde hoxe ata o 13 de xuño no Parque do Retiro. A súa 69 edición está dedicada este ano á literatura nórdica.

OQO editora comparte con estes países a súa aposta por unha literatura infantil de calidade que ten en conta a capacidade critica dos pequenos e pequenas. A paixón lectora dos rapaces do Norte de Europa está estreitamente vinculada coa súa rica tradición oral, historias que aguantaron séculos circulando e atravesando fronteiras.

Precisamente, OQO editora ten publicado libros baseados en relatos populares nórdicos:

Bóla de manteiga (Ana Presunto & Iván Suárez). Conto de medo de tradición norueguesa.
A pota que trota (Patacrúa & Kristina Andres). Divertida historia tradicional danesa, que homenaxea a Daniel Castelao.

FIRMAS DE AUTORES NA CASETA DE OQO editora.

Durante a celebración da Feira do Libro de Madrid diferentes autores que colaboran con OQO editora pasarán pola caseta da editorial para firmar exemplares dos seus libros.

LUGAR: Caseta 185
AUTORES:

Paula Carbonell
Autora de A viaxe das bolboretas e Buscando o Norte.
Día 2 de xuño.
12:00h - 14:00h.

Margarita del Mazo
Autora de Mosquito e A máscara do león.
Día 5 de xuño.
11:00h - 14:00h.

Día 9 de xuño.
PABELLÓN MAFRE (Nº 111) con Mosquito e A máscara do león.
CASETA DE OQO (Nº 185)
19.30h - 21.30h.

Juan A. Belmontes
Autor de A voda de Galo Pinto.
Día 5 de xuño.
18:00h - 20:00h.

Paloma Sánchez Ibarzábal
Autora de O cazador e a balea e Cando non atopas a túa casa.
Día 6 de xuño.
12:00h - 14:00h.



Enlaces relacionados:

http://www.ferialibromadrid.com/expositores_ficha.cfm?id=2683


 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
OQO@OQO.es
© OQO. Reservados todos os dereitos