Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Colección O | O sultán e os ratos

Menú de Usuario

 
 






Colección O  







O sultán e os ratos

Joan de Boer & Txell Darné
12,90€ | 84-96573-01-X
36 páxs. | cartoné | 25x23 cm |
novembro 2005

Ao sultán gustáballe moito o queixo. Tiña cuartos cheos de queixos, procedentes de todas as partes; pero o palacio encheuse de ratos que comían o queixo do sultán, e os conselleiros tiveron que buscar unha solución. Para botar os ratos, mandaron traer gatos; para botar os gatos, traer cans; para botar os cans, traer leóns; para botar os leóns, traer elefantes; para botar os elefantes, traer ratos… e así ata nunca acabar.

Este conto, de orixe árabe, encadea unha serie de sucesos que van complicando cada vez máis a historia deica ao final, en que tornamos ao punto de partida.
Todos os sucesos son tratados con moito humor, e as situacións ocorrentes e disparatadas sucédense unha tras outra. As repeticións do conto resultan moi eficaces para conectarmos cos destinatarios infantís, dado o seu carácter lúdico. E para que a historia non resulte interminable, neste tipo de estruturas, con frecuencia, pecha a redacción unha fórmula final que subliña a natureza indefinida do relato.

Txell Darné realizou as ilustracións coa técnica da colaxe, e a partir de obxectos antigos que lle confiren ao libro un certo aire de época. A ilustradora amosa un gran dominio da técnica e sorpréndenos cunhas composicións orixinais e imaxinativas, nas que o humor está moi presente.

Texto de Joan de Boer, a partir dun conto popular árabe
Ilustracións de Txell Darné
Tradución do catalán de Pilar Ferriz

+ de 4 anos
Tamén dispoñible en: ES | PT | FR | EN | IT
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos