Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Colección O | O soño do osiño rosa

Menú de Usuario

 
 


Colección O  







O soño do osiño rosa

Roberto Aliaga & Helga Bansch
14,00 € | 978-84-96788-65-7
40 páxs. | cartoné | 25x23 cm |
xullo 2007

O osiño choraba desconsolado porque perdera o seu soño. A xirafa entón estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no fondo do río… Pero con ningunha das cousas que lle trouxeron, conseguiron que deixase de chorar… ¿Con que soña un osiño rosa?
 
A xirafa tráelle unha bufanda; o cabalo, unhas ferraduras e a ra unhas lentes para o sol. Mais sen querelo, cada un deles estivera perseguindo en realidade o seu propio soño e non o do osiño rosa. Só o moucho, animal asociado sempre á sabedoría, cae na conta do erro cometido e ponlle remedio.
 
Dunha maneira sinxela e efectiva, Roberto Aliaga preséntanos una historia coa que aprendemos que ser solidarios require poñerse no lugar dos outros e comprendelos. Cómpre algo máis que boas intencións para axudarmos a alguén, e o moucho, que o sabe, pregúntalle antes de nada polo seu soño ao osiño.
 
Helga Bansch, gran coñecedora do mundo da infancia, crea uns personaxes entrañables, dunha gran dozura, cos que os pequenos lectores se identificarán desde o primeiro momento. Alén diso, a ilustradora austríaca agocha en cada imaxe algún detalle, para que os máis pequenos se recreen e deixen voar a imaxinación.
 
Texto de Roberto Aliaga
Ilustracións de Helga Bansch
 
Tradución do castelán de Paco Liván

+ de 3 anos
Tamén dispoñible en: ES | FR | PT | IT | EN
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos