Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | 'O cazador e a balea', finalista do Premio Euskadi de Ilustración 2011

Menú de Usuario

 
 






06/10/2011
'O cazador e a balea', finalista do Premio Euskadi de Ilustración 2011

Iban Barrenetxea acaba de converterse nun dos protagonistas dos Premios Euskadi de Ilustración deste ano, ao acadar o primeiro posto coa obra Bombástica Naturalis e quedar finalista con O cazador e a balea, escrito por Paloma Sánchez e publicado por OQO editora. Esta última supuxo a primeira incursión do artista vasco (Elgoibar, 1973) no mundo da ilustración, despois de dez anos dedicado ao deseño gráfico.

Os seus traballos foron expostos, entre outros espazos, na 28 e 29 edición Le immagini della fantasia en Sàrmede, Italia; na Bienal de Ilustración de Bratislava da República Checa e na Irudigile Gipuzkoarrak de Donostia.

Na primeira edición deste certame, en 2009, xa recibira o Premio Euskadi de Ilustración Elena Odriozola, quen tamén conta con varias obras editadas en OQO: A princesa que bocexaba a todas horas, As tres irmás ladroas e Un segredo no bosque.



Enlaces relacionados:

http://www.oqo.es/editora/gl/content/o-cazador-e-balea


 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos