Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Colección O | O avó de Zulaimar

Menú de Usuario

 
 


Colección O  







O avó de Zulaimar

Juan Carlos Méndez Guédez & Elsa Klever
13,50 € | 978-84-9871-524-8
36 páxs. | cartoné | 25x23 cm |
maio 2015

 
Zulaimar non tiña avó.
Pero todas as amigas tiñan un.
O de María era alto como unha palmeira.
O de Lucía, redondo como unha O.
O de Susana, cos ollos escuros coma o café.
Polas tardes ían con eles ao parque.
Tomaban xeados.
Facían debuxos na area.
 
 
Zulaimar non logrou que ningunha das súas amigas lle prestase o seu avó. Entón, dando un novo uso aos obxectos que tiña o seu arredor, decidiu construír un. O seu invento non funcionou á primeira, foron necesarios algúns retoques mais, ao final, foi quen de facer realidade o seu soño.
 
Non todas as crianzas poden gozar da presenza dun avó preto co que compartir xogos, apertas, experiencias…
Iso é o que lle aconteceu a Zulaimar mais, lonxe de amedrentarse, a pequena desta historia bota man do seu enxeño e transforma a ausencia en terreo fértil de onde xorden a creación e a dozura.
 
O escritor venezolano Juan Carlos Méndez Guédez destaca que o personaxe desta historia ten un nome peculiar "polo que imaxino ten viaxado desde Venezuela cara un lugar afastado e ao non ter a marabillosa figura dun avó comprende que diante da soidade sempre lle quedará a forza da imaxinación e o soño".
Ademais, incide en que a protagonista "vive una experiencia particular: é a propia Zulaimar quen debe salvar o seu avó da hostilidade do mundo, e as súas ferramentas para sobrevivir son a capacidade de transformar en beleza e tenrura os obxectos correntes que a rodean".
 
Partindo dunha carencia, Méndez mergúllanos nunha emocionante e doce historia que nos fai lembrar a importancia da capacidade creativa que permite xerar ideas novas, experimentar e buscar alternativas
ante situacións desfavorables.
 
A ilustradora alemá Elsa Klever recolle esta idea de carencia apuntada polo autor. Non en van vemos na cuberta unha cadeira baleira. Mais, enseguida introdúcenos nunha colorida proposta plástica onde unha chea de personaxes permítennos seguir as peripecias da pequena protagonista, que nos transmite o seu optimismo: "quería que se puidera seguir a historia de Zulaimar e, ao tempo, descubrir novos detalles en cada páxina."
Klever confesa ter gozado recreando a ambientación do conto e inventando personaxes que non forman parte da narración escrita. Namorada da heroína desde que leu por primeira vez o texto, decidiu que pola forza que desprendía debía de ser unha "nena-raposa": "¿como non amar a unha nena que constrúe o seu propio avó e xuntos corren máis rápido que os unicornios?".
 
Na súa primeira colaboración con OQO editora, tanto autor como ilustradora, ofrécennos un texto sinxelo e unhas ilustracións frescas para que os máis pequenos gocen dunha historia divertida, tenra e optimista e os máis maiores redescubran "as costas abaixo".
 
 
Texto de Juan Carlos Méndez Guédez
Ilustracións de Elsa Klever

+ 3 anos
Tamén dispoñible en: ES
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos