Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Nenos e nenas realizan no Instituto Cervantes de Brasilia unha curtametraxe de animación audiovisual co álbum ‘Chocolata’

Menú de Usuario

 
 






25/05/2011
Nenos e nenas realizan no Instituto Cervantes de Brasilia unha curtametraxe de animación audiovisual co álbum ‘Chocolata’

Con motivo da celebración hoxe (25 de maio) do Día Cervantino da Literatura Infantil e Xuvenil, o Instituto Cervantes de Brasilia celebra un ano máis o programa de actividades ‘Lobos e dragóns’, que inclúe o obradoiro de animación audiovisual de OQO editora Eu tamén animo!

As suxestións de autores e ilustradores non rematan nas páxinas dun libro, os personaxes cobran vida e saltan á pantalla neste obradoiro de OQO editora, no que a partir do conto Chocolata (Marisa Núñez & Helga Bansch), os nenos e nenas de Brasilia crearán unha curtametraxe de animación coa técnica de stop-motion.

Con todos os participantes do taller, faranse varios grupos e cada un asumirá a animación dunha secuencia da obra coa imaxe e voz. Nas sesións, os pequenos e pequenas recibirán información sobre as técnicas tradicionais de animación e gravación de son.



Enlaces relacionados:

http://brasilia.cervantes.es/FichasCultura/Ficha72482_04_1.htm


 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos