Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Nenos e nenas de Fez (Marrocos) participan nun obradoiro de animación á lectura, baseado no álbum ‘A máscara do león’

Menú de Usuario

 
 






25/05/2011
Nenos e nenas de Fez (Marrocos) participan nun obradoiro de animación á lectura, baseado no álbum ‘A máscara do león’

Con motivo da celebración hoxe (25 de maio) do Día Cervantino da Literatura Infantil e Xuvenil, o Instituto Cervantes de Fez (Marrocos) participa nun programa de actividades, que inclúe un obradoiro de animación á lectura. Esta sesión está baseada no conto de OQO editora A máscara do león (Margarita del Mazo & Paloma Valdivia).

O taller será impartido por Margarita del Mazo, que xunto Paloma Valdivia, participarán tamén nun encontro de autores e ilustradores que se organiza con motivo desta efeméride.

A institución de Fez participa no que se que o Instituto Cervantes denomina xornada de literatura en rede, a través da que se realizarán actividades en 28 centros nos cinco continentes con algunhas das figuras máis destacadas da literatura infantil e xuvenil nas linguas do territorio español.

Con iso, o Cervantes pretende fomentar o interese de nenos e de adolescentes polos libros e propiciar o desenvolvemento de novos lectores.



Enlaces relacionados:

http://fez.cervantes.es/FichasCultura/Ficha68704_18_1.htm


 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos