O proxecto europeo Os Contos do Camiño/Los Cuentos del Camino/Os Contos do Caminho/Les Contes du Chemin participa nas actividades que o Instituto Cervantes de Lisboa celebra con motivo do Día do Español o 19 de xuño.
As nenas e os nenos de 5 a 8 anos asisten a unha sesión na que a través da música, da palabra e da imaxe, percorren as distintas rutas do Camiño de Santiago, evocando unha época na que camiñantes de diferentes partes do mundo puñan rumbo a Compostela e enchían os días de travesía e as noites de descanso con narracións populares dos seus lugares de orixe.
Nesta experiencia, de marcado carácter intercultural, os escolares realizan actividades multimedia con diferentes elementos tirados dos contos tradicionais. Logo desta singradura a través dos sentidos e da imaxinación, cada sesión finaliza cunha actividade plástica.
Coordinadora da actividade:
Raquel Méndez (OQO editora)
19/06/2010 (11.00 h)
LUGAR:
Instituto Cervantes
Rúa Santa Marta, 43
1169-119 Lisboa
(PORTUGAL)