Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | INSTITUTO CERVANTES DE CRACOVIA (POLONIA). ‘Mosquito’ no Obradoiro de Ilustración de Libros Infantís

Menú de Usuario

 
 






26/05/2010
INSTITUTO CERVANTES DE CRACOVIA (POLONIA). ‘Mosquito’ no Obradoiro de Ilustración de Libros Infantís

Con ocasión do Día do Libro Infantil e Xuvenil en España, O Instituto Cervantes de Cracovia (Polonia) e a Galería Bunkier Sztuki invitaron á autora e ao ilustrador de Mosquito (OQO editora), Margarita del Mazo e Roger Olmos, a participar no Obradoiro de Ilustración de Libros Infantís.

Margarita del Mazo —autora en OQO de A máscara do león— e Roger Olmos —artista plástico e autor das ilustracións de A cabra boba, A cousa que máis doe do mundo, Sígueme! (Unha historia de amor que non ten nada de raro)— ensinaron varias técnicas e formas de ilustración dun texto seguindo o libro de Mosquito.

Os autores contaron como se produce un libro e as imaxes que acompañan ao texto. Ao final do taller, os nenos e nenas crearon as súas propias ilustracións da historia contada por Margarita del Mazo.

DATA
26/05/2010 (10:00 h)

LUGAR
Galería de Arte Contemporánea Bunkier Sztuki (Cracovia)
PL. SZCZEPANSKI 3A
31-011 CRACOVIA
(POLONIA)



Enlaces relacionados:

http://cracovia.cervantes.es/FichasCultura/Ficha60774_61_1.htm


 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
OQO@OQO.es
© OQO. Reservados todos os dereitos