Galego | Español | Català | Euskera | English | Português | Français | Italiano
 
 
 
 
 
 






Colección Q  







Hop Frog

Edgar Allan Poe & Alberto Vázquez
12,90€ | 978-84-9871-033-5
64 páxs. | cartoné | 15x20 cm |
marzo 2008

Como ao rei lle gustaban as bromas pesadas, pensou en burlarse do seu bufón, e fíxolle beber viño, a pesar de que sabía que o volvía tolo.
A Hop-Frog empezáronlle a brillar os ollos e a renxer os dentes… foi entón, cando maquinou un plan para se vingar de todas as aldraxes recibidas.

Esta foi unha das últimas obras escritas por Poe, e publicada en 1849 —ano da súa morte—. Trátase dunha historia macabra de dor e vinganza na que o bufón protagonista decide tomar a xustiza pola man e acabar de vez, coas burlas e desprezos que os poderosos da corte lles dispensaban a el e á súa amiga Tripetta.

Hai quen di que Poe, na decadencia da súa vida, se identificaba con este personaxe tolleito e deforme do que todo o mundo se burlaba, e que con esta historia buscaba a vinganza simbólica de todos os que o desprezaban. No texto aparecen elementos recorrentes no imaxinario do autor: dentes que renxen como preludio da morte (Valdemar, Berenice…), personaxes disfrazados que confunden a súa identidade e teñen un desenlace fatal (Amontillado…).

Esta historia espertou a paixón de escritores como Baudelaire ou Cortázar, que traduciron o conto ao francés e ao castelán respectivamente; de músicos como Lou Reed ou David Bowie, que lle dedicaron temas musicais ao infeliz personaxe; e tamén dos cineastas Desfontaines e Taymor, que fixeron versións cinematográficas da obra…

Alberto Vázquez recrea con mestría, a atmosfera fúnebre da historia só co trazo, co branco e cunha reducida gama de cores. Con escasos recursos plásticos consegue unha grande intensidade expresiva, especialmente nas faces e olladas, onde mellor fican reflectidos os sentimentos e as emocións.

Texto de Edgar Allan Poe, en versión de Paco Liván
Ilustracións de Alberto Vázquez

+ de 9 anos
Tamén dispoñible en: ES
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
OQO@OQO.es
© OQO. Reservados todos os dereitos