Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Colección Q son | Contos en cantos

Menú de Usuario

 
 


Colección Q son  



Contos en cantos

Almudena Janeiro
20,50 € | 978-84-9871-047-2
libro+CD+DVD | 40 páxs. | cartoné | 13x18 cm |
setembro 2008

Percorrer o mundo contando e cantando bossa nova cunha hipopótama presumida, e sirtaki cuns velliños que un día se queren moito e outro non paran de discutir. Mentres, ao son dun tango, bailan ben agarradiños un elefante gris con lunares morados e unha formiga negra con cintura de avespa. En total, unha restra de melodías para trece contos, escolmados entre os relatos publicados por OQO Editora e procedentes das máis diversas tradicións do planeta. Xa non hai escusa para non coñecermos algo máis de todas esas culturas, porque a voz doce e saltarina de Almudena Janeiro é a que nos guía.
 
Este libro-CD-DVD é un diálogo a tres bandas entre a música, a literatura e as artes plásticas. A partir dunha selección de contos de distintos lugares do mundo, tanto de autor, como tradicionais, e en combinación con diferentes estilos musicais: bossa nova (O Brasil), sirtaki (Grecia), tango (A Arxentina), rock & roll, soul, gospel ou cantos africanos, créase por primeira vez un fondo musical galego. Con el preténdese achegar os máis pequenos, a outras culturas, a través da nosa, e que aprendan a valorar e compartir este rico patrimonio musical, co que ademais se poden divertir.
Á parte de no CD, a música, a literatura e as artes plásticas están presentes no soporte libro, que contén as imaxes dos contos orixinais e as letras das cancións. Os 13 temas do CD ábrennos por riba, un amplo abano de posibilidades para o traballo de aspectos lingüísticos, musicais e emocionais, con nenos de infantil e primaria: karaoke, xogos, dramatizacións, danzas sinxelas…
As cancións están interpretadas pola voz solista de Almudena Janeiro, acompañada por guitarras, frauta, tambores, congas… e tamén por outros instrumentos máis accesibles para os nenos, como cascabeis, claves, pau de choiva, chocas… nun intento por axustar o ritmo á procedencia das historias. Así que, os cativos terán aquí unha boa ocasión para afinar o oído e probar a discriminar sons, melodías… Seguro que non a desperdiciarán.
 
 
Autora e intérprete: Almudena Janeiro
Ilustracións da portada de Maurizio A. C. Quarello

 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos