Galego | Español | Català | Euskera | English | Português | Français | Italiano
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Colección O | A bruxa regañadentes
 
 






Colección O  







A bruxa regañadentes

Tina Meroto & Maurizio A. C. Quarello
12,90€ | 978-84-9871-257-5
48 páxs. | cartoné | 25x23 cm |
febreiro 2010 - Reedición

Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida…

Os contos e lendas sobre bruxas constitúen un repertorio vivo e abondoso, practicamente universal. Adoito, os cativos personifican os seus medos en personaxes malvados de aparencia humana. Porén, para gañaren confianza e superaren os temores, nada mellor que escoitaren contos en que os protagonistas triunfen sobre eses seres arrepiantes, produto da imaxinación.

O personaxe da bruxa devoradora de nenos que vive nunha casiña no medio do bosque, aparece na tradición oral de moitos pobos (Turquía, Rusia, Europa…) e posúe tamén antigos antecedentes literarios.

A Bruxa regañadentes presenta un carácter híbrido, con elementos narrativos tirados de todas estas culturas. Nesta ousada aventura, o irmán máis novo resultará ser o máis asisado, xa que, só el recoñecerá a casa da bruxa, receará da aparente afabilidade da descoñecida…, e non se deixará levar polos impulsos ou os desexos.

Se no principio do relato, eran os irmáns máis vellos, os que se burlaban do pequeno por consideralo medorento e cativo, no desenlace será el quen, con astucia e intelixencia, tome a iniciativa e afronte a gravidade da situación. O conto conclúe cun final positivo que transmite a idea de que é posible superar os obstáculos.

Texto de Tina Meroto, a partir dun conto tradicional turco-ruso
Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello

+ de 4 anos
Tamén dispoñible en: ES | CA | PT | FR | EN | IT
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
OQO@OQO.es
© OQO. Reservados todos os dereitos