Galego | Español | Català | Euskera | English | Português | Français | Italiano
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Colección Q | A boneca e a castañeira
 
 






Colección Q  







A boneca e a castañeira

Roberto Aliaga & Maja Celija
12,50€ | 978-84-9781-068-7
48 páxs. | cartoné | 15x20 cm |
novembro 2008

Marcela vive coa súa avoa, a castañeira, e mais cunha boneca de trapo gastada polo tempo e os abrazos. No Nadal, a avoa monta o posto diante dunha tenda de xoguetes e alí ve, no escaparate, a boneca de porcelana perfecta para a súa neta. Entre as compras, os agasallos… nestas datas todo son présas. Un día, un home que sae da tenda todo apurado, deixa caer un paquete: dentro hai unha boneca de porcelana. A Marcela gústalle, pero non tanto como a avoa esperaba…

O Nadal converteuse nunha época para o consumo, sobre todo de xoguetes. Posuír e adquirir bens materiais é a chave do benestar para grandes e pequenos. Pero a felicidade consiste en explorar e crear, antes que en ter, e hoxe moitos xoguetes —como a boneca de porcelana— non están concibidos para que nos divirtamos con eles.

O valor dun xoguete está no seu poder para facer voar a imaxinación dos que xogan con el, máis que no seu valor económico. A capacidade simbólica é libre, así que calquera obxecto pode converterse nun xoguete.

Vivimos nunha época en que a publicidade nos acosa por todas as partes, e os nenos piden como agasallo o que sae nos anuncios. Pero o texto de Roberto Aliaga vén a recordarnos que hai que consumir con responsabilidade e non mirar para outro lado ante a pobreza e as inxustizas que existen ao noso redor.

A esencia da obra transmítea con forza e sensibilidade, Maja Celija, que crea, maxistralmente, ambientes e espazos a través da cor e as perspectivas.

Texto de Roberto Aliaga
Ilustracións de Maja Celija
Tradución do castelán de Antón Fortes

+ de 8 anos
Tamén dispoñible en: ES
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
OQO@OQO.es
© OQO. Reservados todos os dereitos