Galego | Español | Català | Euskera | English | Português | Français | Italiano
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | ÓBIDOS (PORTUGAL). Exposición de Teresa Lima para 'Os Contos do Caminho'
 
 






19/02/2010
ÓBIDOS (PORTUGAL). Exposición de Teresa Lima para 'Os Contos do Caminho'

A ilustradora lusa Teresa Lima, que participa no obradoiro L'ATELIER AVEC UN ILLUSTRATEUR de Les Contes du Chemin no Museo de Aquitaine en Bordeaux, inaugura en Óbidos a exposición coas imaxes de Os sete cabritinhos, álbum de OQO editora publicado en portugués, galego, castelán, francés, inglés e italiano.

Este libro forma parte, xunto con outros contos tradicionais, da MALETA DO CAMIÑANTE que se lle fai chegar a todos os centros de Infantil e Primaria de España, Portugal e Francia que participan en Os Contos do Camiño/Los Cuentos del Camino/Os Contos do Caminho/Les Contes du Chemin.

A exposición, que estará aberta ao público do 20 de febreiro ao 20 de marzo, forma parte das accións de Os Contos do Caminho en Óbidos. Esta cidade lusa, xunto ás localidades portuguesas de Beja e Pombal, acollerá en marzo a celebración das actividades e obradoiros do proxecto europeo.

ÓBIDOS
LUGAR: Estrada dos Casais Brancos. Óbidos.
DATA: 19 de febreiro de 2010.



Enlaces relacionados:

http://www.obichinhodeconto.pt/


 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
OQO@OQO.es
© OQO. Reservados todos os dereitos