Galego | Español | Euskera | English | Português | Français | Italiano | Polski | Português BR
 
 
 
 
Inicio | OQO editora | Colección O | Árbores no camiño

Menú de Usuario

 
 


Colección O  







Árbores no camiño

Régine Raymond-García & Vanina Starkoff
13,50 € | 978-84-9871-375-6
36 páxs. | cartoné | 25x23 cm |
marzo 2012

Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe: Vía arbustos, años e cabras; pero non podía ver a súa nai. A Karim fíxoselle un nó na gorxa e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes. Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver.
 
Árbores no camiño traslada unha vez máis á literatura infantil a facilidade coa que pode perderse un neno apenas se separan da man dos seus pais. No entanto, se noutros contos o pequeno se atopa nun territorio hostil ou tenebroso, nesta historia a nai natureza, poderosa e bela, protexe e coida a Karim como un máis dos seus fillos.
 
—A árbore vermella deume forzas ,a palmeira deume de beber, a mangueira deume de comer, o baobab, os seus pans de mono… tranquiliza Karim á súa nai, cando esta, por fin, o atopa baixo o baobab.
 
Régine Raymond-García decidiu escribir este libro ao regresar dunha viaxe a Burkina Faso. “Os seus habitantes fascináronme pola súa alegría de vivir a pesar das dificultades, e por sacar proveito da natureza dun modo intelixente”.
 
Sen dúbida, esta viaxe axudou a autora a comprobar a alta consideración que a árbore vermella e o baobab teñen entre os seus habitantes e a decidir que recaese en ambos o maior protagonismo. A árbore vermella é o Kaïcedrat (Khaya senegalensis), baixo o cal se reúnen os sabios para tomar decisións. É coñecido como a árbore da palabra.
 
Por iso, seguramente, sexa o primeiro que fala con Karim para axudarlle. O baobab é unha especie tropical de África, utilizada como lugar de reunión. Ademais, é símbolo de resistencia, tolerancia, vida comunitaria, lonxevidade -poden chegar a vivir 3.000 anos- e o seu froito ten propiedades medicinais.
 
O seu aspecto impresionante -hai especies que chegan aos 30 metros- confírelle un carácter protector, o que xustifica que no relato tanto a árbore vermella, como a palmeira e o mango o escollan como idóneo para que Karim agarde pola súa nai.
 
No entanto, este conto non só se centra no amparo e axuda que ofrece a natureza-nai ao home senón que tamén advirte da necesaria reciprocidade por parte dos seres humanos. Estes deben exercer a mesma protección e respecto sobre o resto do ecosistema, para garantir a súa sustentabilidade, tal e como alerta o baobab ao pequeno Karim:
—Estarás aquí cando sexa maior?–preguntou Karim.—Se ninguén me corta, estarei. —Aínda lles darás de comer aos monos? —Se ninguén me corta… —E daraslles lambonadas aos nenos? —Se ninguén me corta… Vouche contar un segredo: todo está en equilibrio…un equilibrio perfecto, pero fráxil!
 
Todos formamos parte da natureza e somos importantes na mesma medida, como unha gran familia, na que todos coidan de todos. E este papel é entendido de inmediato por Karim. Finalmente, esta aventura suponlle unha grande aprendizaxe vital, do que a nai -como seguro o lector- móstrase orgullosa.
Para a ilustradora Vanina Starkoff, traballar neste libro foi como facer unha fermosa viaxe polas terras de Burkina Faso, lugar onde se sitúa o mercado que aparece no comezo do libro e que está inspirado no de Banfora. Antes de comezar coas primeiras ilustracións realizou unha intensa procura de imaxes e música autóctona do lugar, que lle acompañou durante o proceso creativo coa intención de “mergullarme por completo nesas marabillosas terras africanas”.
 
Desde un primeiro momento decidiu traballar cunha paleta de cores “saturadas, brillantes e alegres” en acrílicos sobre papel. No entanto, algunhas texturas e os debuxos en liña foron realizadas con técnicas dixitais. A ilustradora organizou a cor segundo os estados de ánimo e as emocións polas cales atravesaba Karim.
 
Deste xeito, predominan as cores amarela e vermella para as escenas onde o pequeno sente protexido, xa sexa polo amor e a compañía da súa mamá ou polo agarimo e a protección que lle brinda o baobab. Os turquesas, para a secuencia onde se atopa perdido e dialoga coa árbore vermella, a gran palmeira e o mango.
 
A predominancia de matices rosados e alaranxados (próximos ao amarelo e ao vermello) representan no libro o agarimo, a protección e o amor e incorpóranse para a secuencia onde Karim descobre a baobab e dialoga con el. Vanina Starkoff pareceulle interesante manter a morfoloxía real das árbores “para que os nenos poidan ver como son realmente”.
 
A incorporación de composicións circulares nas ilustracións en dúas secuencias da historia obedece a establecer un símil entre o momento en que Karim promételle a baobab que coidará del e o final, onde son as árbores as que o protexen a el e á súa mamá.
 
Texto de Régine Raymond-García
Ilustracións de Vanina Starkoff
 
Tradución do francés de Pilar Ferriz e Marisa Núñez

+ 3 anos
Tamén dispoñible en: ES | FR | PT | PL
 
 
 

Alemaña, 72
36162 Pontevedra
T 986 109 270
F 986 109 356
© OQO. Reservados todos os dereitos